UN POEMA Eduardo Estévez
Do seu novo libro derrotas. Coruña (Galiza), Espiral maior, 2004 VI Premio de Poesía Concello de Carral.
amei mulleres atroces
en todas as cidades
percorrín os bosques
ouveando en cío
os desertos
vendín
o meu amor a catro
ou vinte raíñas ebrias
nun palco reservado
(clausurado)
do teatro da ópera
arte de máscaras
unha mañá ofrecín
a miña pel
á dama imaxinaria
chegada dos cárpatos
afundiu nela
os seus colmillos
sorbeume a sede
(moito máis vale
a despedida
que este obsceno poema que escribo
sobre a morte
e os seus rostros innúmeros)
amei mulleres atroces
en todas as cidades
percorrín os bosques
ouveando en cío
os desertos
vendín
o meu amor a catro
ou vinte raíñas ebrias
nun palco reservado
(clausurado)
do teatro da ópera
arte de máscaras
unha mañá ofrecín
a miña pel
á dama imaxinaria
chegada dos cárpatos
afundiu nela
os seus colmillos
sorbeume a sede
(moito máis vale
a despedida
que este obsceno poema que escribo
sobre a morte
e os seus rostros innúmeros)

0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home